
PLATAFORMA POLA DEFENSA
DOS MONTES VECIÑÁIS
EN MAN COMÚN
AMEAZAS
(Nombrar Lei de acompañamento ós orzamentos da Xunta referido ás CCMM)
PLAN FORESTAL DA XUNTA DE GALICIA
(aprobado o 13 de febreiro 2021)
Solicítase aos grupos parlamentares que rexeiten a primeira revisión do Plan Forestal de Galiza e inicien de novo o proceso. O Plan Forestal está baseado nun inventario forestal non actualizado, carece de consenso social , non aposta pola multifuncionalidade dos montes, promove a forestación de terras agrarias e favorece a vulnerabilidade do monte galego fronte o cambio climático.
Ademais, a primeira revisión do plano forestal de Galiza plantexa abertamente a privaitización dos montes veciñais en mán común. Propón a eliminación do caracter de titularidade xermánica, promovendo a modificación da condición de veciño/a comuneiro/a e dotar as comunidades de montes veciñais en mán común de personaldiade xurídica co fin de convertir a estas terras comunitaria en terras de caracter pivado.
Xosé A. Pereira, presidente da ORGACCMM, asegura que “esta primeira revisión do plano forestal de Galiza mantén todas e cada unha das lexislacion agresivas contra os montes veciñais en mán común. Permite roubarlle as terras comunitarias á veciñanza comuneira para entregarllas de balde ao intereses capitalistas e urbanísticos”.
Decálogo de razóns polas que o novo Plan Forestal debe ser rexeitado:
1-Fai unha diagnose ficticia da situación do monte galego a partir dun inventario forestal irreal e desfasado (datos de 2009), que descoñece a superficie de partida do E. Globulus e do E. Nitens. A 1ª revisión do Plan Forestal debería partir da actualización do Inventario Galego Forestal.
2-Carece de consenso social. Na súa tramitación non se viron representados todos os axentes sociais vinculados ao monte e ao medio rural.
3-Responde unicamente a intereses produtivistas e de carácter privado poñendo a ordenación dos usos do monte en mans das empresas madeireiras e forestais, e deixando de lado o interese público e xeral e a necesidade de manter unha reserva ecolóxica de hábitats naturais polo seu valor ecosistémico.
4-Fomenta o monocultivo e o aumento de especies pirófitas e invasoras ata acadar 1,4 millóns de Ha de piñeiros e eucaliptos en 2040, e o aumento de 3 millóns de m3 de cortas anuais de madeira de baixo valor engadido ata acadar os 12 millóns de m3 de cortas/ano.
5-Propón aumentar aínda máis a superficie ocupada por eucalipto E. Nitens, pese a ter rebasado xa en máis do dobre as previsións para 2030, e en detrimento das masas forestais autóctonas que apenas sufrirán incremento nos vindeiros 20 anos.
6-Promove a forestación de terras agrarias, ao deixar en mans de empresas madeireiras e forestais máis de 150.000 Ha destes terreos.
7-Favorece a vulnerabilidade do monte galego fronte ao cambio climático e desvía investimentos destinados a fins de conservación e servizos ambientais para fins produtivistas.
8-Potencia a proliferación e intensificación dos lumes forestais e a privatización da loita contra os incendios. Non formula solucións para as causas estruturais dos incendios e segue primando o investimento na extinción fronte a prevención.
9-Agrava a situación de abandono e desertización do rural galego, impedindo o desenvolvemento dun monte multifuncional que xere riqueza e recursos diversos para as persoas que viven e traballan no rural. Desbota unha vez máis a oportunidade de apostar por un modelo de montes sustentábel, pola madeira de calidade e polo peche dos ciclos produtivos dos distintos aproveitamentos do monte.
10-Alenta á desaparición dos montes veciñais en man común, favorecendo a súa privatización e a eliminación do carácter xermánico da titularidade veciñal. Propón a revisión da condición de veciño/a comuneiro/a, de dotar as mancomunidades de montes de personalidade xurídica, e que as comunidades de montes tributen no imposto sobre sociedades, como se fosen empresas mercantís.
LEI DE SIMPLIFICACIÓN ADMINISTRATIVA
(9/2021 de 25 de febrero)
Artigo nº 53. Concurrencia de utilidade ou intereses públicos con montes veciñais en man común:
1-Se o proxecto de instalación enerxética afectase aos montes veciñais en man común, os trámites previstos no artigo 6 de Regulamento para a execución da Lei 13/1989 ,do 10 de Outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, de 4 de Setembro, ou norma que o substitúa, realizarase dentro do trámite de recoñecemento da declaración de utilidade pública do proxecto, dando audiencia ás persoas titulares dos dereitos que poidan ser afectados e concedéndolles 15 dias hábiles para presentar as alegacións que se remitirán ao suxeito promotor para seu recoñecemento e contestación.
2-Finalizado o trámite de audiencia, remitirase copia completa do resultado ao órgano competente para a autorización do título habilitante do aproveitamento co fin de que no prazo de 20 dias hábiles emita informe sobre a compatibilidade ou incompatibilidade do aproveitamento afectado.
3-Nos casos previstos neste artigo, a utilidade pública do proxecto e a eventual compatibilidade ou prevalencia serán declaradas polo Consello da Xunta de Galicia, ao que se remitirá o expediente co informe das consellerías da Administración xeral da comunidade autónoma e das entidades instrumentais do sector público autonómico de Galicia afectados, no prazo máximo de un mes, contado desde que estea o expediente completo. A falta de resolución expresa no prazo indicado terá efectos desestimatorios e as persoas e bens interesados poderán interpor os recursos que procedan.
O artigo 6 do decreto polo que se aproba o regulamento da Lei de montes veciñais (que era o que prevalece no caso das expropiacións) dicía:
1-Os montes veciñais en man común poderán ser obxecto de expropiación forzosa por causa de utilidade pública ou interese social prevalente ás do propio monte,mediante declaración expresa da Xunta de Galicia, logo do informe da conselleira de agricultura, gandería e montes e todas as comunidades de montes afectadas.
2-Unha vez iniciado o expediente de expropiación e completado a memoria xustificativa e a descripción do terreo que se trate, remitirase a consellería de agricultura, gandería e montes para que lle de a vista deste a comunidade de montes afectada, por conducto de delegación provincial correspondente que procederá a emitir un informe sobre él no termo de un mes. Unha vez cumprido este trámite levarao, no prazo de 15 dias, á Dirección Xeral de montes que proporá ao conselleiro de agricultura, gandería e montes, o que proceda.
3-Sendo favorable a expropiación o criterio manifestado pola consellería de agricultura, gandería e montes devolverase o expediente ao organismo expropiador para a súa prosecución en forma legal. A eventual discrepancia será resolta polo Consello da Xunta de Galicia.
Análise comparativo entre os dous artigos:
1-Fica claro que o artigo do regulamento da lei de montes veciñais, no caso das expropiacións, amparaba as comunidades de montes. O seu parecer era escoitado dúas veces e declaración de prevalencia ou de non prevalencia era declarada pola consellería do ramo ou polo consello da Xunta de Galicia.
2-Co artigo da lei de simplificación administrativa, as comunidades de montes so lles da o dereito de presentar unha vez achegas diante do promotor do proxecto, que é quen ten a capacidade de decidir se é prevalente o monte veciñal ou o seu proxecto industrial. E ademais esta achega ten que facela no prazo de 15 dias, cando todos sabemos que dado o funcionamento democrático das comunidades de montes, isto é inviable (mais diso se trata).
3-O consello da xunta de Galicia dictará a prevalencia ou non do monte veciñal atendendo ás diversas consellerías, ás entidades instrumentais do sector público autonómico e ó promotor do proxecto industrial. Non ten en conta o parecer da comunidade de montes afectada.
4-Mediante a lei de simplificación administrativa o carácter de utilidade pública e de interese social que tiñan os montes veciñais en man común desaparece de feito e de facto.